Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O tecido empresarial e comercial de Verín volve implicarse activamente no desenvolvemento do FIC Vía XIV
O tecido empresarial e comercial de Verín volve implicarse activamente no desenvolvemento do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 08 Xullo 2023 09:33

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará de novo o desenvolvemento do FIC Vía XIV propoñendo, como en anos anteriores, a posta en marcha dun concurso que inste aos seus establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte.


Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e os establecementos distinguidos polo xurado daranse a coñecer no decurso da semana do certame. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.

Aever e o FIC Vía XIV de Verín anunciarán, con tempo suficiente, as bases desta iniciativa e os prazos nos que se activará para que todos aqueles comerciantes que o desexen poidan participar nela.

Encerrona

Xunto a isto, Aever vai sortear entre todos aqueles que realicen compras na súa rede de establecementos entradas para o espectáculo que o actor Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio na xornada do 9 de setembro, as 20:00 horas: Encerrona.

Para optar a gañar un dos tickets gratuítos que Aever ofrece, só hai que realizar unha compra en calquera dos establecementos da asociación e cubrir unha ficha cos datos de contacto daquel que participa.

O sorteo celebrarase como mínimo unha semana antes da visita de Viyuela a Verín e os tickets poderán ser recollidos nos puntos que a organización do FIC e Aever determinen. Este sorteo terá lugar na sede da Asociación de Empresarios de Verín

Poderán participar en ambas as iniciativas todos os establecementos comerciais asociados a Aever e que o soliciten. A Asociación Cultural Vía XIV designará aos integrantes do xurado no caso do concurso de escaparates e o seu fallo será inapelable. Os locais comerciais interesados en inscribirse poden facelo a través do mail  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou enviando um whatsapp ao telefono 630 354 869.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>