A Eurocidade Chaves-Verín abre o prazo de inscrición para participar en actividades en Romaña e Malta |
Mércores, 05 Xullo 2023 16:08 |
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no marco do proxecto Rural Youth of Europe (Xuventude Rural de Europa) - RUYOU, convida a xóvenes de entre 18 e 30 anos do territorio a participar en setembro e outubro nas próximas International Creative Jams; actividades presenciais que terán lugar en Romaña e Malta. A actividade que terá lugar en Romaña, os días 20, 21 e 22 de setembro, ten como tema "Acción polo clima: futuro sostible". A inscrición debe realizarse a través do seguinte enlace: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/8c27da54-995b-7a56-d5f3-f1d7f42630d1 A outra actividade, que terá lugar en Malta, cuxo tema é "Democracia e participación xuvenil", está prevista para os días 25, 26 e 27 de outubro. A inscrición debe realizarse neste enlace:https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/fea095eb-438f-2a94-f96e-481cac7d52d3 Durante estes dous días, os xóvenes terán a oportunidade de identificar os obstáculos que enfrontan os xóvenes das zonas rurais no seu desenvolvemento persoal e profesional. Concretamente, centraranse no cambio climático (Romaña) e no papel da participación xuvenil nas democracias europeas (Malta). Este encontro reunirá a xóvenes de Romaña, Malta, Galicia e Portugal. Ambas as actividades son en inglés e a inscrición é limitada, finalizando o prazo de inscrición o 14 de xullo. O viaxe e o aloxamento son de balde para os participantes. O proxecto Rural Youth of Europe - RUYOU pretende permitir que xóvenes, expertos e líderes de opinión analicen o futuro da xuventude rural europea, co fin de deseñar, facilitar, informar e reflexionar sobre a xuventude do medio rural tras a pandemia da Covid-19. Ademais da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, RUYOU conta con varios socios de España, Portugal, Malta e Romaña. Este proxecto foi aprobado no marco do programa europeo CERV - Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores. |