Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle unha mesa de traballo sobre Turismo e Termalismo
Verín acolle unha mesa de traballo sobre Turismo e Termalismo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xullo 2023 12:30

Esta mañá tivo lugar na Sala de Exposicións do Concello de Verín unha mesa de traballo cuxo obxectivo foi analizar as necesidades e oportunidades de negocio vinculadas a este sector de turismo e termalismo nos concellos de Verín e Monterrei. Esta iniciativa está promovida no marco do Plan de sustentabilidade TCA “Ourense Termal” da Deputación Provincial de Ourense.


Nesta reunión estivo presente o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, xunto con representantes do sector empresarial, así como profesionais do sector turístico de Verín e Monterrei: axencias, hoteis, restaurantes, adegas, así como o asociativo e a Universidade.

O termalismo é un sector estratéxico para Verín e comarca, xa que é un dos concellos de Galicia que posúe o maior número de mananciais de augas mineromedicinais e plantas envasadoras. O obxectivo destos encontros é contar cunha ampla representación do sector turístico e empresarial vinculado co termalismo e turismo na zona, para coñecer distintos puntos de vista, intereses e carencias, e recadar toda a información posible que permita ter unha visión global das necesidades e oportunidades do territorio.

Con estas reunións -programadas polo Inorde- preténdese definir conxuntamente o programa de mellora da competitividade deste Plan a nivel provincial.

O plan de Sustentabilidade turístico "Ourense Termal" conta -entre as súas accións- coa realización de enquisas de investigación, en concreto, unha actuación en Caldeliñas: a enquisa da captación de augas subterráneas en Caldeliñas (Verín). Outras actividades inclúen o deseño e posta en marcha dun plan de formación específico destinado a facilitar o desenvolvemento de proxectos e iniciativas empresariais que contribuirán ao reforzo, mellora e complemento da oferta en torno ao turismo termal da provincia, así como a participación no Sistema Integral de Calidade Turística (SICTED) da Secretaría de Estado de Turismo. Neste sentido, a oficina de Turismo de Verín acaba de recibir o distintivo de calidade a nivel nacional.

A Mesa de Calidade do Destino SICTED "Ourense Termal" foi a encargada de analizar os servizos turísticos que completaron e superaron a avaliación nos programas de formación e mellora, trasladando a súa proposta ao Comité Nacional do SICTED para que lles concedese este distintivo. Esta mesa, presidida polo vicepresidente primeiro da Deputación e presidente do Inorde e que ten atribuída a promoción turística da provincia, actúa como órgano de representación da entidade que executa o Plan de Sustentabilidade Turística en "Ourense Termal" entre os anos 2022 e 2024.

Os membros da mesa inclúen a CEO, a Universidade de Vigo, a Axencia de Turismo de Galicia, a Confederación Provincial de Empresarios de hostalaría e turismo, os geodestinos Ribeiro-Carballiño, Celanova-Xurés e Verín-Monterrei, e as asociacións de guías turísticos e axencias de viaxes de Galicia.

Sistema Integral De Calidade Turística No Destino

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola SETUR, co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e coa colaboración das comunidades autónomas, que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, co obxectivo final de mellorar a experiencia e satisfacción do turista. En relación a outras certificacións, o "Compromiso de Calidade Turística" require como paso previo e indispensable a creación dun destino, que posteriormente ofrece un conxunto de servizos.

A Deputación de Ourense xestiona o Plan de Sustentabilidade Turística en "Ourense Termal", froito dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, que permitirá a transformación competitiva dos 15 concellos termais da provincia: A Arnoia, Bande, Boborás, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, O Carballiño, Leiro, Lobios, Monterrei, Muiños, Punxín, Ribadavia e Verín

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>