Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre licitación para a explotación do bar e servizos complementarios das piscinas municipais
O Concello de Verín abre licitación para a explotación do bar e servizos complementarios das piscinas municipais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Xuño 2023 13:21

O Concello de Verín ven de anunciar o prego de cláusulas administrativas particulares para a explotación do servizo de bar das piscinas municipais de verán e servizos complementarios para o ano 2023. Prazo límite para a entrega da documentación, 8 de xuño.



O obxectivo principal desta licitación é garantir a prestación dun servizo complementario de calidade nas piscinas municipais, co fin de satisfacer as necesidades da comunidade local durante a tempada de verán.

As empresas interesadas poden consultar o prego e os anexos na sede electronica - portal de transparencia, e tambien en contratacion do estado e a plataforma Silex da xunta - contratos de galicia- , presentacion electronica a traves da plataforma da xunta SILEX (contratos de galicia).

O obxecto do contrato consiste na explotación do servizo de bar das piscinas municipais descubertas, xunto coa realización dos seguintes servizos complementarios:

 

a) Mantemento e limpeza diaria das instalacións (baños, dependencias comúns, etc.) e zona exterior (baleirado de papeleiras, etc.) ao rematar cada xornada.

b) Servizo diario de limpeza e análise da calidade da auga de baño (control do pH, cloro, etc., conforme á normativa vixente).

c) Dispoñibilidade dun traballador de limpeza a xornada completa, cuxo horario será determinado pola Concellaría de Recursos Humanos 

d) Pago dun canon mínimo de 800,00 euros, que poderá ser incrementado segundo a oferta presentada polo adxudicatario, e que formará parte integrante do contrato en caso de ser aceptado.


Como compensación pola realización destas prestacións, o concesionario terá o dereito de obter os ingresos derivados da explotación do bar.

A explotación deste servizo será responsabilidade exclusiva do adxudicatario, correndo por conta e risco do mesmo.

Este contrato ten a cualificación de contrato administrativo de concesión de servizos, en conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola cal se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>