Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín acolle a conferencia “Francisco Fernández del Riego: Galicia no corazón. Letras Galegas 2023”, impartida por Quico Domínguez e María Dolores Cabrera
A Biblioteca de Verín acolle a conferencia “Francisco Fernández del Riego: Galicia no corazón. Letras Galegas 2023”, impartida por Quico Domínguez e María Dolores Cabrera PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Abril 2023 09:32

O vindeiro xoves 27 de abril, ás 19:30 horas, A Biblioteca do Concello de Verín acollerá a conferencia “Francisco Fernández del Riego: Galicia no corazón. Letras Galegas 2023”, impartida por Francisco Domínguez e María Dolores Cabrera, padroeiros da Fundación Fermín Penzol.

Na conferencia, os relatores realizarán un percorrido pola figura de Francisco Fernández del Riego, destacando a súa faceta como escritor, intelectual e galeguista, aglutinador da cultura galega ao redor da Fundación Penzol e a Editorial Galaxia.

Quico Domínguez, perito industrial en Vigo, enxeñeiro industrial en Bilbao e doutor pola Universidade de Vigo, exerceu a súa actividade profesional na empresa privada durante máis de trinta anos e posteriormente incorporouse á Universidade de Vigo. Un galeguista de corazón, incorporouse ao movemento en 1965, da man de Xaime Isla Couto, fundador e secretario de organización do Partido Galeguista.

Por outro lado, María Dolores Cabrera Iglesias é licenciada en Filosofía e Letras, sección Historia, pola Universidade de Santiago de Compostela, e traballou como docente en Vigo. Tamén colaborou cos equipos de elaboración do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Galego en diferentes bibliotecas da provincia de Pontevedra. A súa paixón polo libro galego levouna a publicar varios traballos de investigación, así como a colaborar en diferentes publicacións periódicas.

Ambos padroeiros da Fundación Penzol, colaboraron na elaboración de diversos libros, entre eles Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010) e Francisco Fernández del Riego. Vigo no corazón de Galicia (2013), xunto a outras colaboracións sobre a figura de Francisco Fernández del Riego.

A conferencia “Francisco Fernández del Riego: Galicia no corazón. Letras Galegas 2023” supón unha oportunidade única para coñecer máis sobre a figura deste escritor e galeguista destacado.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>