Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cogami finaliza o curso de alfabetización dixital en Verín dirixido a persoas con discapacidade
Cogami finaliza o curso de alfabetización dixital en Verín dirixido a persoas con discapacidade PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Marzo 2023 13:26

As instalacións da aula Cemit do Casa da Xuventude do Concello de Verín, acolleron un curso de Alfabetización Dixital que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Esta mañá tivo lugar a clausura oficial do mesmo, na que estiveron presentes a concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, e o técnico de Intermediación Laboral e Orientador en COGAMI, Carlos Montero.



Nesta formación, que conta coa colaboración do Concello de Verín, participaron un total de 8 persoas, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual.

A concelleira Rosario Rodríguez felicitou publicamente a COGAMI pola labor desenvolvida, destacando a relevancia desta iniciativa para «mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e abrirlles un futuro laboral». A concelleira tamén agradeceu aos participantes a súa implicación.

Devandita formación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través da Organización COCEMFE, da que forma parte COGAMI, enmarcada nas actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2022-23, contou cun total de 85 horas lectivas, e nos que se abordaron módulos sobre internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>