Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Constituído o comité de seguimento para a xestión e ordenación común da Cunca Hidrográfica do Támega
Constituído o comité de seguimento para a xestión e ordenación común da Cunca Hidrográfica do Támega PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Marzo 2023 17:00

Onte, 13 de marzo, tivo lugar unha reunión na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, na que representantes do  municipio de Chaves, do Concello de Verín, da Axencia Portuguesa de Ambiente e da Confederación Hidrográfica do Douro constituíron o Comité de Seguimento para a xestión e ordenación común da cunca hidrográfica do Támega.



En devandita reunión estiveron  presentes o vicepresidente da Axencia Portuguesa de Ambiente, Pimenta Machado; a presidenta da Confederación Hidrográfica, M.ª Jesús Lafuente; a directora da Administración Hidrográfica do Norte, Inés Andrade; o Subdelegado do goberno en Ourense, Emilio González; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e o presidente da cámara de Chaves, Nuno Vaz; entre outros representantes institucionais e técnicos.

Co obxectivo de mellorar a xestión conxunta da conca hidrográfica do Támega e a calidade da auga do seu corredor ambiental, esta comisión de seguimento  -que está composta polos representantes máximos e técnicos dos dous municipios e das dúas institucións con competencias en materia de xestión hidrográfica do Támega- propón lanzar as bases para unha xestión integrada do río Támega.

Neste contexto, xa foi definido o cronograma, a metodoloxía de traballo e as áreas de actuación e os obxectivos a seren alcanzados. Sendo a súa primeira tarefa  a elaboración dun diagnóstico e plano de acción da conca do río Támega nas áreas que poidan afectar a xestión común, tales como: a monitorización da auga, enerxía, ambiente e biodiversidade, sector agroalimentario e economía circular, rehabilitación do corredor ambiental e o seu usufruto pola poboación, entre outros.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>