Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín homenaxea a Banksy e invita ao artista a que execute unha das súas obras sobre o Entroido na vila
Verín homenaxea a Banksy e invita ao artista a que execute unha das súas obras sobre o Entroido na vila PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Febreiro 2023 12:25

Verín quere ingresar na lista das cidades que, coma Londres, Nova Orleans ou Venecia, contan cunha obra orixinal de Banksy. O concello homenaxea o artista e activista social cunha exposición ao aire libre de 24 das súas obras, que conforman un percorrido dunha hora pola vila, e agora cursáronlle unha invitación para que acuda a pintar á vila do Támega.

“Nunha enquisa en Reino Unido”, explicou na presentación Gerardo Seoane, “sobre os artistas máis relevantes da historia, Banksy estaba de primeiro, co renacentista Miguel Anxo de décimo; isto é un exemplo da relevancia que está a tomar o fenómeno do seu arte social”.

Segundo o alcalde de Verín, a finalidade da exposición “Verín, territorio Banksy” é desenvolver “unha pedagoxía positiva: a arte urbana é tamén unha ferramenta de conciencia social”.

“Ecoloxista, pacifista, igualitarista e artista” o autor anónimo máis famoso da historia, segundo Seoane, “ten un toque gamberro, coma cando colgou os seus cadros na Tate Gallery ou no Louvre, polo que é ideal para mandarlle un mensaxe á xuventude: a mocidade debe ser transgresora, pero tamén comprometida”.

Verín territorio Banksy conforma un percorrido dunha hora polas rúas de Verín, onde se rehabilitaron 25 espazos degradados cos facsímiles das obras máis representativas do artista internacional do graffiti. O roteiro está explicado en puntos de información distribuídos pola vila, contará con folletos explicativos e a ubicación das obras está identificadas con códigos QR e placas interpretativas.

 

“Queremos que pinte en Verín”

O alcalde explicou que está cursada unha invitación ao autor para que veña a pintar a Verín. “Contactamos cos seus representantes para ofrecerlle a nosa invitación e colaboración,  e explicarlle o valor cultural e patrimonial do Entroido. Nos encantaría que pintase algo sobre o noso Entroido, en calquera espazo, ou onde queira”.

“Quero que a mocidade de Verín o tome como exemplo”, dixo Seoane, “somos un pobo de artistas, levamos a interpretación, a pintura e a literatura na alma, pero queremos chegar a máis. A mocidade de Verín presenta unha forte inclinación pola arte urbana, e así con “Verín, territorio Banksy” pretendemos poñer o listón no máis alto para ter un referente -por alto que sexa- que nos sirva de exemplo e de meta sobre como queremos embelecer ao noso pobo, explicou.

Segundo o alcalde, “igual que os pobos con conservatorio ou banda de música teñen máis posibilidades de rematar por criar a algún “Mozart”, nós cremos que un pobo con mostras de  arte urbana universal pode seguir o camiño de parir algún “Banksy”.

Neste sentido, animou aos centros escolares de Verín -algún xa o está preparando- a que elaboren roteiros culturais en torno ao percorrido, e que utilicen esta marabillosa ferramenta cultural para enriquecer as súas clases de arte, aproveitando as  rúas da vila do Támega.

 

O anónimo máis curioso

Banksy é a día de hoxe, posiblemente, o artista gráfico máis famoso do mundo. En parte pola súa implicación na arte urbana, en parte polas súas actuación iconoclastas en subastas de arte, o seu exemplo como artista responsable e con alto contido social ten dignificado o graffiti, elevándoo á categoría de arte.

A súa crítica aos valores do capitalismo salvaxe, a súa alta sensibilidade social e o seu aparente desprendemento do valor do diñeiro fixeron o resto.

Revestido dun aparente anonimato,  moitas das súas, como as propostas para  “Verín, territorio Banksy”, forman xa actualmente parte da historia da arte. Para “Verín, territorio Banksy” contarase con obras icónicas do prolífico autor, que teñen ido aparecendo no Reino Unido, Gaza ou París, principalmente no que vai de século.  Con finalidade pedagóxica e divulgativa, a selección conformará un percorrido turístico dentro do casco urbano de Verín, con secuencialidade e información pedagóxica.

As obras e os espazos do percorrido están deseñados dentro do proxecto de Interpretación Patrimonial  “Verín territorio Banksy” do Concello de Verín, e a execución dos facsímiles das obras do autor internacional corren a cargo do artista local Alex Araújo.

O Concello agarda que se conforme un atractor cultural que, debidamente promocionado, conforme un circuíto turístico dentro do casco urbano de Verín. “Sería un final espectacular”, sinalan desde o Concello, “que o propio Banksy rematarse por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”.

 

Pero, ¿quen é realmente Banksy?

Aínda que se descoñece a identidade de Banksy, existen varias conxeturas e candidatos internacionais á súa personalidade. Un deles é Jamie Hewlett, debuxante e autor do cómic Tank Girl, aínda que fontes do entorno de Banksy o negan.

Outro candidato é Robert del Naja, líder da banda de trip hop Massive Attak, que foi grafiteiro nos 80. Neil Buchanan, presentador dun programa de arte, é outro dos candidatos máis recentes, aínda que Robin Gunningham é quizais a hipótese máis común sobre a identidade de Banksy. De ser así, tería nacido o 28 de xullo de 1973 en Yate, preto de Bristol. Os seus amigos da infancia e a presencia neste entorno das súas primeiras obras, corroboran esta versión.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>