Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Pleno de Verín ratifica a adhesión ao convenio que regula a Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora do saneamento no curso alto do Río Támega
O Pleno de Verín ratifica a adhesión ao convenio que regula a Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora do saneamento no curso alto do Río Támega PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Febreiro 2023 13:35

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria urxente na que se aprobou por unanimidade a adhesión ao convenio que regula a Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora do saneamento no curso alto do río Támega. O obxectivo deste acordo é mellorar os servizos de abastecemento e tratamento das augas residuais.

O val do río Támega, e os Concellos que o conforman, están decididos a mellorar os servizos de abastecemento e tratamento das augas residuais «por ser este, seguramente, o problema máis destacado en relacións aos servizos que prestan e son da súa competencia», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Durante os últimos anos téñense realizado algunhas melloras tanto na captación como no tratamento, pero claramente insuficientes para garantir unha adecuada prestación dos servizos. É así que se teñen asinado convenios coa administración hidráulica de Galicia para poder recibir un caudal adecuado e non sometido ás inclemencias climáticas. A súa vez tense negociado e asinado un acordo coa Confederación Hidrográfica do Douro que permitirá enmarcar as actuacións no ámbito do saneamento, que nos próximos anos temos que abordar dunha maneira conxunta, coordinada e efectiva.

Na pasada sesión plenaria do 12 de decembro de 2022 foi aprobada inicialmente esta adhesión á Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora de saneamento no curso alto do río Támega a través da sinatura dun convenio, quedando hoxe aprobada definitivamente tras corrixirse unha serie de erros na redacción do mesmo.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>