Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O cartel oficial do Entroido 2023 de Verín homenaxea as “mulleres entroideiras”
O cartel oficial do Entroido 2023 de Verín homenaxea as “mulleres entroideiras” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xaneiro 2023 13:48

 O Entroido 2023 de Verín xa ten imaxe oficial.  O cartel ilustrador de esta edición foi presentado esta mañá na vila do Támega pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e por Iago Blanco de la Parra, deseñador e arquitecto de interiores verinés, autor do mesmo.

Segundo explicou Iago Blanco, o concepto principal desta obra «é a exaltación e homenaxe da muller no Entroido de Verín a través da figura da raíña Elena e algunhas das mulleres máis representativas da vila».

 No cartel pódese apreciar como a raíña chega a praza mentres é acompañada polos cigarróns e recibida polas mulleres de Verín así como os homes que se intúen ao fondo coa fariña. «Só se es de Verín ou asiduo desta festa podes recoñecer estas personaxes típicas do entroido, no que por momentos o cartel parece semellarse ao famoso libro de “Onde está Wally?», explicou Blanco de la Parra.

En cuanto a técnica utilizada para a execución deste cartel cabe destacar que está feito con técnica dixital, conseguindo a base de manchas de cor unha imaxe figurativa.

Pola súa banda, Emilia Somoza quixo felicitar publicamente ao autor do cartel polo seu gran traballo, destacando do mesmo «a gran capacidade que tivo o artista de sintetizar nunha só imaxe a forza e dos elementos identitarios máis representativos da nosa festa máis senlleira».

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>