Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves-Verín obtén financiamento europeo para frear o despoboamento no rural
A Eurocidade Chaves-Verín obtén financiamento europeo para frear o despoboamento no rural PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Decembro 2022 14:28

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, recibiu a aprobación do proxecto Rural Youth of Europe (Mocidade Rural de Europa) – RUYOU.


Este proxecto pretende permitir que mozos, expertos e líderes de opinión analicen o futuro da mocidade rural europea, no Ano Europeo da Mocidade, co fin de deseñar, facilitar, informar e reflexionar sobre a mocidade do medio rural tras a pandemia do Covid-19.

É un proxecto de educación non formal con procesos de formación innovadores e dinámicas de grupo. O proxecto mellorará as habilidades dos mozos, protagonistas deste programa, a través do contacto con expertos e formadores, terán a oportunidade de compartir diferentes puntos de vista e experiencias, aprendendo uns doutros sobre a vida nas zonas rurais de diferentes países europeos. A través destes métodos, os participantes incrementarán as súas habilidades sociais e culturais co fin de fomentar a participación cidadá; especialmente os mozos que non teñen acceso a proxectos ou programas europeos.

Este intercambio de coñecementos e opinións terá un importante impacto socioeconómico, xa que os mozos aplicarán o aprendido cando regresen aos seus países de orixe, contribuíndo así á loita contra o despoboamento das zonas rurais; modernizando e elevando o nivel dos mozos emprendedores, así como o uso de novas tecnoloxías e métodos de educación non formal.

O Rural Youth of Europe (RUYOU) ten unha subvención total de 192.340 € e inclúe sete socios; ademais da Eurocidade, forman parte as seguintes entidades:

•          Asociación Amicos para a atención e integración de Persoas con Discapacidade Intelectual Autismo Paralise - dano Cerebral e as súas Familias (Coordinador - España);

•          Fundación Galicia Europa (España);

•          Asociación Lug Open Factory (Espanha);

•          Universitatea Aurel Vlaicu Din Arad (Rumania);

•          Rexional Council Northern Region (Malta);

•          Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela (España).

Este proxecto foi aprobado no marco do programa europeo CERV - Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>