O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Tadeo Jones 3” e "As bestas" |
Luns, 21 Novembro 2022 14:13 |
Durante os días 25, 26 e 27 de novembro o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Tadeo Jones 3” e "As bestas" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases. 25/11/2022 - As bestas: 20:30 h 26/11/2022 - Tadeo Jones 3: 17:00 h - As bestas: 19:00 e 22:00h 27/11/2022 - Tadeo Jones 3: 17:00 h - As bestas: 19:00 e 22:00h Entradas en taquilla dispoñibles, por 5 euros, 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle). |