AEVER presenta a súa campaña de dinamización do Comercio Local "Os 6.000 de Verín" |
Mércores, 16 Novembro 2022 14:09 |
Esta mañá, tivo lugar a presentación da campaña “ OS 6.000 DE VERÍN" organizada pola Asociación de Empresarios de Verín (Aever Verín), en colaboración co Concello de Verín, para promover as vendas nos 112 establecementos integrados na mesma. A mesma tivo lugar na sede de Aever, e contou coa presenza da concelleira da Área de Comercio, María Isabel González; do xerente da Asociación de Empresarios, José Ángel Rodicio, e do seu presidente, Santos Álvarez. A campaña consistirá no sorteo ante notario, o vindeiro 28 de Decembro, de quince cheques:
Os establecementos e locais que participarán na campaña, entregarán boletos para participar no sorteo aos clientes que realicen compras do 16 de novembro e o 26 de Decembro do 2022. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña. Consulta as bases do concurso na web oficial de AEVER: https://ccaverin.com/os-6-000-de-verin-xa-estan-aqui/ |