Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aparece outra das pintadas máis famosas de Banksy en Verín; "Nena con globo"
Aparece outra das pintadas máis famosas de Banksy en Verín; "Nena con globo" PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Setembro 2022 10:23

 Despois de “Home nú pendurado da fiestra”, agora é outra das pintadas máis famosas de Banksy, “Nena con globo”, a que apareceu nunha rúa de Verín. A obra, da cal unha versión chegou a subastarse en Sotheby´s para logo autodestruirse, nunha das accións máis mediáticas de Banksy, está na rúa da Cruz.


En 2017, unha enquisa no Reino Unido sinalaba a esta pintura, realizada en 2002 en Shoreditch, ao leste de Londres, como a obra de arte máis popular entre os anglosaxóns.

Amosa a unha nena deixando escapar un globo en forma de corazón, ten sido reproducida en numerosas ocasións polo autor (que chegou a destruír voluntariamente unha pintura en 2018 logo de subastala en Sotheby´s)

Banksy é a día de hoxe, posiblemente, o artista gráfico máis famoso do mundo. En parte pola súa implicación na arte urbana, en parte polas súas actuación iconoclastas en subastas de arte, o seu exemplo como artista responsable e con alto contido social ten dignificado o graffiti, elevándoo á categoría de arte.

A súa crítica aos valores do capitalismo salvaxe, a súa alta sensibilidade social e o seu aparente desprendemento do valor do diñeiro fixeron o resto.

Revestido dun aparente anonimato,  moitas das súas, como as propostas para  “Verín, territorio Banksy”, forman xa actualmente parte da historia da arte. Para “Verín, territorio Banksy” contarase con obras icónicas do prolífico autor, que teñen ido aparecendo no Reino Unido, Gaza ou París, principalmente no que vai de século.  Con finalidade pedagóxica e divulgativa, a selección conformará un percorrido turístico dentro do casco urbano de Verín, con secuencialidade e información pedagóxica.

As obras e os espazos do percorrido están deseñados dentro do proxecto de Interpretación Patrimonial  “Verín territorio Banksy” do Concello de Verín, e a execución dos facsímiles das obras do autor internacional corren a cargo do artista local Alex Araújo.

O Concello agarda que se conforme un atractor cultural que, debidamente promocionado, conforme un circuíto turístico dentro do casco urbano de Verín. “Sería un final espectacular”, sinalan desde o Concello, “que o propio Banksy rematarse por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>