Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Galician Freaky Film Festival e o FIC Vía XIV estreitan lazos de colaboración no Auditorio de Verín
O Galician Freaky Film Festival e o FIC Vía XIV estreitan lazos de colaboración no Auditorio de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Setembro 2022 08:33

O Galician Freaky Film Festival é o festival convidado polo FIC Vía XIV de Verín nesta sétima edición do certame. O festival vigués naceu hai seis anos como unha mostra de pezas de xénero underground, de vangarda e fantásticas feitas en Galicia. Trátase da cita definitiva do cinema e a cultura freak: un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que moitas veces se ven privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas nacionais, internacionais e mundiais.



Por isto, este ano o Festival Internacional de Curtas de Verín quixo render homenaxe a este evento único traxendo ata a vila do Támega algunhas das súas proxeccións máis singulares e ao seu director, Juan de Castro, para participar nun coloquio co público

O que define ao Galician Freaky Film Festival, segundo o seu director, é o seu carácter gamberro, con filmes que buscan sorprender e xogan co abraiante e co humor máis salvaxe. Para Carlos Montero, director do FIC Vía XIV de Verín, “convidar ao Galician Freaky Film Festival a exhibir as súas obras en Verín supón tender pontes a outros formatos e a un certame moi singular que se caracteriza por un ambiente particularmente orixinal”.

Exhibición de curtas

Así, dentro desta actividade paralela puideron verse en Verín seis das curtas que formaron parte doutras edicións do Galician Freaky Film Festival: Survivers de Carlos Gómez-Trigo; Night of the living dicks de Ilja Rautsi; Loop de Pablo Polledri; Progeny de Justin Daering; New Not Normal-Trilogy-Super-Cut de Ryan Oksenberg e Metube 3: August Sings “Una furtiva lágrima” de Daniel Moshel.

Hop & Roll

Doutra banda, o Espazo Roombo -habilitado no exterior do Auditorio de Verín- acolleu onte a experiencia Hop & Roll, na que se cataron e se ensinaron a valorar as grandes descoñecidas do noso panorama cervexeiro, ao tempo que se de maridaron con comestibles da nosa terra.

A actividade complementouse combinando cada tándem gastronómico coa obra musical de artistas galegos, unha “pinchada” na que participou o mellor tirador de cervexa de España e tamén DJ de música en galego, Gustavo Rey, xunto ao seu colega Óscar Piñeiro. A continuación, arrincou a parte musical ofrecendo aos asistentes unha sesión DJ de música en galego.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>