A Biblioteca da Igualdade e da Vida |
Martes, 24 Novembro 2009 11:05 |
O vindeiro sábado 28 de novembro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a actividade ‘A Biblioteca da Igualdade e da Vida’, co obxectivo de concienciar aos/ás nenos/as da importancia da igualdade e contra a violencia de xénero. Contacontos, manualidades ou xogos serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos -empadroados no municipio de Verín- e enmarcada dentro do programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo e da Semana a prol da Igualdade, organizada por Femuro (Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense) e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. |