Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A XV Feira do Viño de Monterrei contará con 18 adegas participantes
A XV Feira do Viño de Monterrei contará con 18 adegas participantes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Agosto 2022 13:26

A localidade de Verín acollerá, do 12 ao 14 de agosto, unha nova edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.

Nesta ocasión participarán un total de 18 das 28 bodegas que conforman a denominación, unha más que no 2019, “o que demostra que, tras dous anos sen celebración pola crise sanitaria do Covid-19, o sector segue apostando por esta cita vitivinícola que para nós ten unha gran carga emocional”, destaca a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez; «por iso volvemos con máis forza e ilusión se cabe, e agardamos que o visitante poida degustar todo o traballo e esforzo realizado nos últimos anos».

"DESCARGUE AQUI O PROGRAMA DA FEIRA"

O alcalde verinense, Gerardo Seoane Fidalgo, quixo facer un chamamento ao público para que veciños e visitantes se acheguen ata Verín nas datas nas que se celebra a Feira para gozar dos viños de Monterrei, así como dunha completa oferta cultural e gastronómica.

«Estamoos seguros de que a nosa Feira do Viño volverá ser este ano, tras o parón obligado pola pandemia, un evento de referencia no sur da provincia de Ourense; onde quen nos visite poderá descubrir as singularidades da nosa comarca a través do seu patrimonio gastronómico, vitivinícola e cultural», destacou Seoane.

Esta cita volverase realizar, como foi habitual nas últimas edicións, na Praza da Alameda. Ademais dos stands das bodegas, estarán presentes postos gastronómicos aptos para todos os públicos. O horario de apertura dos stands será o seguinte: venres 12 de 20.30 a 23.30 h, sábado 13 de 12.30 a 14.00 h. e de 20.30 a 01.00 h, e domingo 14 de 12.30 a 14.00 h e de 19.30 a 23.30 h. Nesta edición, os prezos serán de 5 degustacións por dez euros e unha copa personalizada da D.O. por dous euros.

O acto inaugural da XIV Feira do Viño de Monterrei realizarase o venres 12, a partir das 20.30 horas, na Praza da Alameda. A pregoeira será Paula Vázquez Rocha, técnico da Oficina Agraria Comarcal de Verín.

Axenda de actos

Cultura, gastronomía, música e viño uniranse un ano máis no marco da Feira do Viño da D.O de Monterrei. Así está previsto, segundo confirmou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos de Verín, Emilia Somoza, que o acto inaugural da Feira estará amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Ademáis, na xornada do venres 9 actuará na Praza García Barbón, entre as 23:00 e as 00:30 horas, a orquestra Arizona. Xa a partir das 00:00 horas, será a quenda do artista Xisco Feijoó. Cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, vocalista, maestro da ETRAD e coordinador da sección de canto da Orquesta Folk de Galicia SonDeSeu, son algunhas de las facetas más destacadas dun artista total, traballador tenaz a favor do canto e do baile tradicional, pero dende unha o?ptica moderna e renovadora. O concerto será na zona verde de A Preguiza.

A mañá do 13 de agosto, ás 11:30 horas, a Igrexa parroquial de Santa María A Maior acollerá a conferencia de presentación da obra “A marabillosa historia do viño en Galicia” do xornalista Luis Congil. Un vibrante relato sobre o único antiguo reino do mundo que leva o viño na bandeira. A enorme relevancia comercial do viño galego na idade media, a súa relevancia na América do descubrimento ou a súa presencia nas mesas de reis y personalidades de toda Europa conxúganse, no caso de Monterrei, cunha grande oportunidade comercial: a historia do "virrei bo", Gaspar de Zúñiga, V conde de Monterrei, que deixou nas novas terras un regueiro de topónimos na honra da súa bondade: hoxe son unha oportunidade comercial por explorar.

O prato forte musical está reservado para o sábado 13 de agosto, ás 23:30 horas, na zona verde de A Preguiza da man de Ruth Lorenzo, unha compositora e cantante española cunha das voces máis prodixiosas do noso país. Coñecida pola súa participación no concurso The X Factor en 2008 e por representar a España no festival de Eurovisión en 2014 coa canción “Dancing in the Rain” e conseguir un décimo posto.

Lorenzo realizou innumerables actuacións en España, Irlanda e Reino Unido, onde segue gozando dunha grande popularidade. Asimismo, o cantante de AerosmithSteven Tyler, e SlashCarlos Santana aceptaron escribir cancións para ela. Conta con dous discos no mercado: "Planeta Azúl" de 2014 e "Loveaholic" publicado en 2018.

Tamén o sábado contaremos coa actuación da Orquesta Claxxon que actuará na Praza García Barbón en dous horarios diferentes: de 22:30 a 23:30 horas; e de 01;30 a 03:30 horas da madrugada do domingo.

Por último, o domingo 13 de agosto, ás 23:30 horas, a zona verde de A Preguiza, acollerá o concerto de Dos Pájaros y un trio, un espectáculo musical protagonizado por doce músicos e cantantes que interpretan as grandes cancións de dous dos mitos da canción de autor: Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina. Un tributo á parella musical que ten feito vibrar o público de todo o mundo coas súas cancións.

Neste espectáculo, José Manuel del Río Gómez e Txema Aguirrebeitia póñense na pel dos dous cantautores para revivir cancións tan míticas como “Mediterráneo”, “Penélope”, “Palabras de amor”, “Y nos dieron las 10”, “Quien me ha robado el mes de abril”....

Adegas participantes e colaboradores

A presidenta do Consello Regulador indicou o nome das 18 adegas participantes na próxima edición da Feira do Viño de Monterrei, e que son as seguintes:

Ladairo

Gargalo

Valderello

Crego e Monaguillo

Quinta do Buble

Terras do Cigarrón

Triay

Adegas Terrae

Tapias Mariñán

Fragas de Lecer

Vía Arxéntea

Bodegas Abeledos S.L

Setembro

Bodega Franco Basalo

Adegas Daniel Fernández

Adega Trasdovento

Adega Manuel Vázquez

Serra de Alén


Para finalizar, quixeron agradecer a implicación das institucións e entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

 Sobre a D.O Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abrangue os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 28 adegas. Os viñedos desta D.O ocupan un total de 657 hectáreas de terreo nas que traballan 365 viticultores.ç



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>