Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín renderá unha homenaxe ao escritor Domingo Villar nas IV Xornadas de Novela Negra
A Biblioteca de Verín renderá unha homenaxe ao escritor Domingo Villar nas IV Xornadas de Novela Negra PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Maio 2022 08:54

 Os vindeiros 3 e 4 de xuño, a Biblioteca de Verín celebrará as IV Xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela”, evento no cal participarán escritores e escritoras de primeiro nivel como Arantza Portabales, Xaquín F. Leiceaga e Alejandro Corral; así como un elenco de profesionais, que normalmente aparecen nas novelas deste xénero literario, como o ex Comisario de Vilagarcía, Enrique León, o Comandante da Garda Civil Secc. Homicidios da U.C.O., Víctor Souto, dous médicos forenses Iria del Río e Fernando Serrulla, un xornalista Rafa Cid, director do Centro Territorial de RTVE Galicia, e o Xuíz Vázquez Taín (coordinador e director do evento).



Dado o prematuro pasamento do escritor vigués Domingo Villar, quen colaborou activamente ao longo destes anos no evento da Biblioteca de Verín, (foi o primeiro escritor que participou nas I Xornadas de Novela Negra no 2014), desde a organización decidiuse render unha homenaxe a súa persoa na inauguración do evento. A mesma correrá a cargo de Lorena Carnero e Daniel Carnero, voluntarios da Biblioteca de Verín.

Segundo explicaron desde a organización das xornadas, Villar estará presente no escenario de tódalas conferencias cunha gran imaxe, cedida para o evento pola recoñecida xornalista e fotógrafa Victoria R. Ramos, redactora e editora, de medios online, ligada na actualidade a Zenda, entidade creada por Arturo Peréz Reverte.

A Biblioteca de Verín, quere transmitir deste xeito todo o cariño, respecto e admiración á memoria de Domingo Villar e así mesmo as condolencias á familia do escritor vigués, amigos e escritores e escritoras que nestas semanas choran a perda do gran baluarte da escrita galega contemporánea.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>