‘Última’ de Fernando Barreira |
Venres, 13 Novembro 2009 14:33 |
Desde o 14 ao 28 de novembro a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición ‘Última’, do artista verinense Fernando Barreira. Esta mostra, que conclúe un ciclo creativo do autor de case tres décadas, recolle unha trintena de obras en óleo, debuxo, bronce e collage. Ademais, ‘Última’ conforma un homenaxe ao seu pai e a Verín, e constitúe o prólogo da exposición ‘Con secuencias’, de óleos e instalacións, que dentro de catro meses ocupará as salas do Museo Municipal de Ourense.O pintor Fernando Barreira Mateo (Verín, 1964), realizou e participou en numerosas exposicións individuais e colectivas en salas de Mallorca, Ourense, Vigo, Madrid, Málaga, A Coruña, León, Porto (Portugal) ou Milán (Italia), entre outras. A mostra poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas. |