Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Avanzan as obras de canalización da canle de San Lázaro
Avanzan as obras de canalización da canle de San Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 18 Decembro 2021 12:45

 O Concello de Verín está a traballar nas obras de canalización da canle de San Lázaro, situada no tramo urbano da estrada de Vences, á altura da Casa do Escudo. Devandita actuación, que conta cun investimento de 48.000 euros, está  incluída no Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Ourense.


As obras consisten na canalización da Canle de San Lázaro mediante a colocación de tuberías  enterradas, que permitirán a circulación de caudal de auga intermitente ou estacional, e o posterior recheo do resto do foso, nun tramo equivalente a 70 metros de lonxitude.

Por outra banda, aumentaranse as beirarrúas da estrada de Vences, prolongándose en anchura sobre a zona enchida. Implementarase tamén unha nova zona de aparcamento e prepararase o terreo para executar futuras obras de urbanización.

Segundo explicou o alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, a intención do grupo de goberno é ampliar a estrada de Vences. «Para iso é necesario dotala de beirarrúas en ambas as marxes, carrís de circulación amplos e algunhas zonas de aparcamento. É necesario lembrar», continuou o rexedor municipal,  «que a canle deixou de ter uso ou aproveitamento real, unha vez concluída a vida útil dos muíños que estaban situados nas ribeiras do río Támega, ao seu paso por Verín».

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>