Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A VII edición do FIC Vía XIV de Verín desenvolverase do 31 de agosto ao 04 de setembro de 2022
A VII edición do FIC Vía XIV de Verín desenvolverase do 31 de agosto ao 04 de setembro de 2022 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Decembro 2021 12:47

A VII edición do FIC Vía XIV de Verín desenvolverase na vila do Támega entre os vindeiros 31 de agosto e 04 de setembro de 2022. “Deste xeito, dase continuidade a unha iniciativa cultural perfectamente incardinada xa, logo de tantas edicións, na axenda de ocio e lecer de Verín”, destaca o director do certame, Carlos Montero.


Segundo adiantou Montero a sétima edición do festival presentará importantes novidades. «Tamén se reestruturará a axenda do certame aumentando o número de eventos e proxeccións nos días de máis audiencia e suprimindo as xornadas que, co paso dos anos, teñen menos afluencia de público.

«Forma parte da natureza dun proxecto vivo coma o noso repensarnos a nós mesmos en cada edición. Cos anos, case dun xeito orgánico, fomos adaptando a estrutura do Festival para achegarnos mellor aos nosos públicos. Todo isto levounos a prantexarnos unha VII edición moito máis intensa en programación, que implica unha redución de xornadas, pero tamén un aumento do número de eventos e proxeccións. Serán cinco días nos que Verín se convertirá nun punto de encontro vivo entre público e artistas con máis de oito horas continuas diarias de actividades pensadas para todo tipo de públicos.», expicou Montero.

Unha das modificación máis destacadas será a sección a concurso “Outra Mirada”, concibida orixinalmente para mostrar traballos sobre o  Entroido, que cambiará de formato transformándose nun conxunto de actividades multidisciplinares  cuxo eixo central será o  Entroido.

As curtas que se presenten a concurso na edición de 2022 teñen que cumprir o requisito de ter sido realizadas con posterioridade a xaneiro de 2020. A participación no concurso é aberta e pode participar nel calquera persoa, amateur ou profesional, de calquera nacionalidade. Aceptaranse unicamente películas inferiores a 31 minutos e a organización decidirá en que categoría encadrará cada filme.

Taxas e inscricións

Non se aceptarán videos publicitarios ou comerciais e as obras enviadas con anterioridade ao FIC Vía XIV quedan excluidas. A taxa de inscrición da candidatura é de tres euros e farase a través dunha plataforma tipo Festhome, que será anunciada no seu momento.

Para a súa posible preselección, as obras deben subirse no seguinte formato: MPEG4 AVC (codec H264), taxa máxima de transferencia de bits de 3000 kbps, audio: AAC., subtítulos incrustados e resolución mínima de 480 p. As películas en idiomas diferentes ao castelán ou galego deberán incluir subtítulos en castelán, galego ou inglés.

Deste xeito, en 2022 as curtas a concurso encadraranse nas categorías Horizontes, baseada na idea do horizonte como metáfora das migracións; A Raia, na que se incluirán producións realizadas a ambas as dúas beiras do Miño e Nova, unha categoría xeral que recollerá filmes máis contemporáneos. Establécese un premio de 750 euros por cada categoría e un de 600 euros, que outorgará o público coas súas puntuacións.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>