O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA 14/10/2021
2. Expediente 3949/2021. Operación de Crédito a curto prazo 1/2021
3. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA
4. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 03/09/2021 ATÉ O 05/11/2021, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS
5. ROGOS E PREGUNTAS
Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación o punto referente a adxudicación da operación de crédito a curto prazo 1/2021 quedando aprobado por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.
Logo de ver as ofertas presentadas polas entidades financeiras, así como a acta de valoración e a proposta de adxudicación da mesa de contratación -celebrado o pasado día 7 de decembro de 2020- para a contratación da Operación de Crédito aCorto Prazo 2/2020 por un valor de 2.611.348,42 euros, a mesma foi adxudicada a entidade bancaria CaixaBank.
Ademais, na sesión plenaria deuse conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 03/09/2021 até o 05/11/2021. |