Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle a presentación da obra “Mudar o mundo. Na procura dun novo paradigma para uma humanidade” de Artur Alonso Novelhe
Verín acolle a presentación da obra “Mudar o mundo. Na procura dun novo paradigma para uma humanidade” de Artur Alonso Novelhe PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Novembro 2021 13:22

 O vindeiro venres 12 de novembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acolle a presentación da obra “Mudar o Mundo. Na procura dun novo paradigma para uma humanidade” de Artur Afonso Novelhe.


«Transformar o estado de guerra, competencia, en que aínda habita a humanidade» Baixo esta premisa, Alonso Novelhe navega no seu libro a través das diferentes épocas históricas e as súas achegas a unha lenta, pero inevitable, transformación dunha humanidade focalizada na ganancia material, e que basea a súa supervivencia, na dicotomía “dominar ou ser dominado”. En definitiva, unha civilización que vive baixo unha errada interpretación da clásica visión darwinista do dominio dos mellores adaptados ao medio, cun predominio da mente habilidosa, e servidora do ego, en detrimento dunha mente ética, ao servizo do ben común, da xustiza e a virtude, esquecendo as achegas de “Axuda Mutua” estudadas por Kropotkin. Nesta obra, o lector coñecerá algunha das claves para lograr este cambio de paradigma.

Artur  Alonso  Novelhe

Naceu na cidade do México, o 21 de Xuño de 1964. Participou no Comité de Solidariedade coa América Latina e na AGAL (Asociación Galega da Lingua). En 2011, ingresou como membro  numerario da  AGLP (Academia Galega da Lingua Portuguesa). Ex-director  IGESIP (Instituto Galego de Estudos Internacionais e da Paz), integra o Consello Consultivo do MIL (Movemento Internacional Lusófono) e o Grupo dos Poetas Vivos da Galiza, entre outras entidades, como o Círculo de Escritores Moçambicanos na  Diáspora, de que é Membro  Honorário. Recibiu o XVIII Premio de Poesía “ Feliciano  Rolán”, en 2004, na cidade galega da Guarda. Obtivo unha Mención especial do Xurado no  XXVI Premio Mundial de Poesía Nosside, en 2010. Colabora en diversas publicacións: Portal Galego da Lingua, Revista Incomunidade, Nós Diario, Revista Identidades, Palabra Común e Revista  Elipse. Ten varios libros publicados: de poesía, teatro, prosa e ensaio.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>