Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín, ABANCA e Afundación mostran «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló»
O Concello de Verín, ABANCA e Afundación mostran «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló» PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Outubro 2021 10:51

 O Concello de Verín, ABANCA e Afundación inauguraron onte, mércores 6 de outubro ás 11.15  h, a mostra «Múltiple. A arte  do gravado de Picasso a Barceló». Ao acto asistiron Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Pablo Villar, director da oficina de ABANCA en Verín; e Xosé Carlos  Caneiro, vicepresidente de Afundación.


A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase contemplar na Sala de  Exposicións de Verín ata o 5 de novembro de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00  h.

As imaxes están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1AtavjMwIA2oAAOFBlgVz6tAdhvatq7KG?usp=sharing

A través dos artistas máis destacados do século  XX español, esta exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado  calcográfico e as súas variantes, en especial a  xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan  nítida xa que os artistas actuais son capaces de combinar as distintas técnicas e mesmo e inventarse outras novas.

Esta mostra é froito da colaboración enmarcada no proxecto « Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Unha  mostra con fondos dá Colección de Arte de Afundación



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>