Emisión informe favorable previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas ‘Finca San Roque-Touza’ en Verín |
Xoves, 05 Novembro 2009 12:57 |
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas remitiu ao Concello de Verín o informe favorable previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas ‘Finca San Roque-Touza’, na que se situará a futura residencia xeriátrica do municipio. A emisión deste informe favorable, por parte da citada Consellería, ten lugar tras o seguinte procedemento de tramitación: - Aprobación inicial por decreto de alcaldía o 10 de marzo de 2009, exposición ao público e publicación en diarios provinciais. - Informe favorable da Xefatura da Unidade da Demarcación de Estadas de Ourense, do Ministerio de Fomento, de 19 de xuño de 2009, sinalando a forma de conexión coa N-525. - Decisión da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 1 de setembro de 2009, sinalando a non necesidade de someter á Avaliación Ambiental Estratéxica o Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas.
|