Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concello de Verín, ABANCA e Afundación firman un convenio de colaboración cultural
Concello de Verín, ABANCA e Afundación firman un convenio de colaboración cultural PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Setembro 2021 11:33

 O Concello de Verín, ABANCA e Afundación asinaron esta mañá un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición “A arte  do gravado de Picasso a Barceló”.

Á firma asistiron o alcalde de Verín,  Gerardo Seoane; a  coordinadora institucional para Lugo e Ourense da Fundación Galicia Obra Social, Beatriz María Fernández Rodríguez; e o director da oficina de ABANCA de Verín, Pablo Villar.

A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o próximo 6 de outubro na Sala de Exposicións do  Concello de Verín, onde se poderá visitar ata o 5 de novembro, de luns a venres en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Esta mostra, composta por obras gráficas seleccionadas entre os fondos da Colección de Arte Afundación, permítenos coñecer mellor a obra dalgúns da mestres da arte español do século  XX, entre os cales sobresaen tres grandes xenios internacionais da pintura e que o foron tamén da arte da estampa: Salvador Dalí, Pablo Picasso e Joan Miró.

Despois da Guerra Civil, a primeira manifestación do espírito renovador da arte xorde vinculada ás estampas editadas nas edicións de la Rosa Beira. Entre os artistas ligados á renovación destacan Joaquín  Sunyer, Albert  Ràfols  Casamada,  Guinovart ou José Caballero. Na publicación Estampas de Cométaa aparecen os traballos dos grandes mestres Antonio Saura, Eduardo  Chillida ou Hernández  Pijuán. A esta actividade interior habería que sumar a de tres artistas que traballan no exilio: Antonio Rodríguez Luna, Antoni Cravei e Luís Seoane. Ademais, para valorar o panorama  calcográfico do século  XX, é imprescindible coñecer tamén o papel do grupo vangardista  Dau ao Set, onde sobresae Tàpies.

Con esta exposición, á parte de enmarcarnos no panorama da época, descubriremos como as distintas técnicas de gravado, a litografía e a serigrafía reivindican o seu valor técnico e estético e diferéncianse así do resto das manifestacións artísticas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>