‘As árbores perdidas’ e ‘Persoas coma ti: Tres artes’ na Casa do Escudo de Verín |
Luns, 02 Novembro 2009 14:22 |
A Casa do Escudo de Verín acolle ata o próximo 12 de novembro, a exposición ‘As árbores Perdidas’, de Xosé Ramón Reigada. Unha mostra, enmarcada no Outono Fotográfico, que recolle doce fotografías sobre o paisaxe cambiante da comarca de Monterrei. Árbores, montañas, núcleos de poboación e a auga dos ríos forman o fío condutor dunha viaxe pola natureza efémera desta comarca. Xosé Ramón Reigada (Castrelo de Abaixo -Riós-, 1971), naturalista e fotógrafo autodidacta, participa en diversos programas de conservación de fauna e xa exhibiu as súas fotos en numerosas exposicións colectivas. |