Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín garante o abastecemento de auga potable en todos os núcleos rurais do municipio
O Concello de Verín garante o abastecemento de auga potable en todos os núcleos rurais do municipio PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Xullo 2021 09:38

 O Concello de Verín ultima unha serie de obras de mellora da rede de abastecemento de auga potable -así como a instalación de novas infraestruturas- nos seus núcleos rurais, coa finalidade de garatir o servizo a toda a veciñanza.

Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, ditas actuacións realízanse coa finalidade de «blindar» o acceso a este servizo básico, en todas as parroquias, «sexa ou non a súa rede de abastecemento de titularidade municipal, adiantándonos á posible seca que se prevé poida producirse ao longo da época estival».

«Nalgunhas destas  parroquias», lembrou Seoane, «autoabastecíanse  a través de pozos privados ou directamente do propio río, xerándose con frecuencia dificultades para garantir a auga potable en cantidade e calidade suficiente».

Así pois, atendendo ás súas necesidades específicas, realizáronse diferentes accións nos núcleos rurais que así o necesitaban:

  • Mourazos: construción de dous novos pozos subterráneos de captación de auga potable con  abastecemento eléctrico e sistema de bombeo.
  • Tamaguelos: construción dun novo pozo subterráneo de captación de auga potable con  abastecemento  eléctrico e sistema de bombeo.
  • Feces de Cima: construción dun novo deposito de auga, así como do seu conduto desde a captación.
  • A  Rasela: Debido a problemas de subministración co seu antigo depósito, realizouse a conexión á rede de abastecemento do núcleo urbano de Verín (xestionada pola empresa Espina y Delfín).



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>