Seminario de Motivación Emprendedora |
Martes, 27 Outubro 2009 10:03 |
O Concello de Verín e BIC Galicia organizan para os días 3 e 4 de novembro un Seminario de Motivación Emprendedora, destinado á difusión da creación de empresas.
O obxectivo desta sesión, que terá unha duración aproximada de tres horas, é achegar aos asistentes á realidade do mundo empresarial, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que se inicia na motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa e realización dun plano de viabilidade, no que se amosen as ferramentas e axudas das que dispoñen os emprendedores. |