Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Avanzan os traballos da comisión de control do proceso selectivo do Concello de Verín
Avanzan os traballos da comisión de control do proceso selectivo do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Xuño 2021 14:50

 A Casa do concello de Verín acolleu esta mañá a segunda reunión da comisión de control encargada de revisar o proceso selectivo municipal para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia.

Na mesma tomouse declaración aos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, así como a persoa Coordinadora do Servizo de Dependencia municipal, na súa condición de asesor técnico ao Tribunal cualificador. Por outra banda, acordouse por unanimidade a elaboración, por cada parte membro da comisión, de senllas propostas de ditame, que serán avaliadas en conxunto en sesión convocada o vindeiro xoves 17 de xuño ás 13:00 horas.

A concelleira responsable da área Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais, Rosario Rodríguez Delgado, quixo destacar a «neutralidade e transparencia» demostrada durante todo o proceso por parte do órgano competente (Concellería de Persoal), «posibilitando a convocatoria desta a comisión de control e accedido a todas as solicitudes informativas realizadas pola parte sindical».

«Desde un primeiro momento», puntualizou Rodríguez Delgado, «o grupo de goberno mostrou a súa plena vontade de chegar a un ditame que fose ratificado por todos os membros da comisión. Segundo o abacelado hoxe,  Concello e Sindicatos elaboraremos os nosos propios ditames, que serán avaliados en procura de consenso, o vindeiro xoves 17 na próxima sesión de control».

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>