Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín suspende temporalmente o proceso selectivo para a contratación laboral do traballador SAAD mentres a comisión realiza os labores de control
O Concello de Verín suspende temporalmente o proceso selectivo para a contratación laboral do traballador SAAD mentres a comisión realiza os labores de control PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Xuño 2021 14:32

 A Casa do Concello de Verín acolleu esta mañá a primeira reunión da comisión de control encargada de revisar o proceso selectivo municipal para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia. A mesma estivo conformada polos sindicatos e por representantes do Concello.

Despois de analizar o ditame emitido por unanimidade pola comisión de control, tal e como obra no expediente administrativo, a concellería de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais declarou a suspensión provisional e con carácter temporal do proceso selectivo iniciado para a contratación dun traballador/a social do servizo municipal de dependencia, ata finalizar os traballos da comisión de control.


Por outra banda, a concellería delegada decidiu tamén convocar novamente a comisión de control para unha segunda sesión para o vindeiro venres 11 de xuño, as 9.00 horas co fin de tomar declaración aos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, así como a persoa Coordinadora do Servizo de Dependencia municipal, na súa condición de asesor técnico ao Tribunal cualificador.

Sobre a suposta “anomalía” mencionada na comisión de control referente á persoa responsable de elaborar as preguntas do exame, a concelleira responsable da área de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais, Rosario Rodríguez Delgado, quixo aclarar que «debido á especificidade da materia en cuestión (Novo servizo de dependencia, sistema para a autonomía e atención á dependencia -  SAAD), o presidente do tribunal decidiu que a persoa idónea para elaborar as devanditas preguntas era a coordinadora responsable deste servizo municipal; que, como non pode ser doutra maneira, é unha traballadora social titulada e debidamente cualificada».

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>