Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Tres estudantes do CEIP Amaro Refojo no Top 10 mundial dos campionatos escolares de cálculo mental superTmatik
Tres estudantes do CEIP Amaro Refojo no Top 10 mundial dos campionatos escolares de cálculo mental superTmatik PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xuño 2021 13:58

 Gonzalo Vaz Parada, Miguel Rivela e Leo Sanmiguel, alumnos de terceiro de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo, alcanzaron o segundo, cuarto e sexto postos, respectivamente, nos Campionatos escolares superTmatik de calculo mental, entre os 20.440 participantes na súa categoría.

Os menores -acompañados polo director do centro educativo, Ricardo Rodríguez- foron recibidos hoxe na casa consistorial polo alcalde, Gerardo Seoane, quen lles obsequiou con tres exemplares do libro “A historia de Verín en 100 obxectos”, editado polo ente municipal. «E un gran orgullo para todos nós contar con tres verineses entre os mellores do mundo en calculo mental, sobre todo tendo en conta que competiron con máis de 20.000 persoas», explicou Seoane.

Campionatos escolares SuperTmatik de cálculo mental.

Destinadas ao alumnado do ensino básico de escolas públicas e privadas, as competicións SuperTmatik alíñan as compoñentes didáctica e lúdica, nunha fórmula xeradora de motivación extra para as aprendizaxes.

Trátase dun campionato que se celebra a nivel mundial vía internet , no que participaron 298.550 alumnos e alumnas de máis de 45 nacionalidades diferentes divididos en 9 categorías.  Está destinado a alumnos do ensino básico de escolas públicas e privadas buscando aliñar as compoñentes didáctica e lúdica, nunha fórmula xeradora de motivación extra para as aprendizaxes.

A clasificación realízase co mellor tempo conseguido polos participantes nos tres intentos cos que contan para resolver as 15 probas con operación combinadas ás que se enfrontan.

Resultados Cálculo Mental I Mental Math (Categoría/Category 3º de primaria )

  • 1 Joaquin Lukas Gabog. International British Academy - 00:00:33:42
  • 2 Gonzalo Vaz Parada. CEIP Amaro Refojo (Verín) - 00:00:36:29
  • 3 Segismundo Colomer. San Francisco de Paula - 00:00:36:49
  • 4 Miguel Rivela. CEIP Amaro Refojo, (Verín Spain) - 00:00:36:96
  • 5 Leticia Mendes. Escola Portuguesa de Cabo Verde -  00:00:38:58
  • 6 Leo San Miguel. CEIP Amaro Refojo (Verín) - 00:00:38:94
  • 7 Rodrigo Henriques. CCRCCR - 00:00:39:51
  • 8 Aarav N. Patel. GIIS Malaysia - 00:00:42:49
  • 9 Ellin Silva. Escola Portuguesa de Cabo Verde - 00:00:43:03
  • 10 Pablo Martínez. Miravalles El Redín (Pamplona) - 00:00:43:37
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>