Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo de Verín reabre as súas portas para retomar o seu papel como enclave cultural do sur de Ourense
O Museo de Verín reabre as súas portas para retomar o seu papel como enclave cultural do sur de Ourense PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Xuño 2021 10:38

O Museo de Verín reabre hoxe as súas portas ao público logo de varios meses pechado por mór da situación sanitaria. A tendencia á baixa dos datos de contaxios e o aceleramento da vacinación motivou a reapertura deste centro que procurará continuando a ser o enclave cultural estratéxico do sur de Ourense. Unha visión diferente, didáctica e visual pensada a partir das técnicas de interpretación patrimonial máis modernas que nos seus tres anos de vida xa constitúe un centro indispensable para os amantes da enoloxía e do patrimonio material e inmaterial.

Crear unha identidade comarcal propia, potenciar o patrimonio da comarca e dinamizar a vida cultural da vila continuarán sendo os obxectivos principais do Museo para esta tempada do 2021. Para os meses de verán, o Museo prepara diferentes proxectos que iremos coñecendo proximamente e que buscarán complementar a programación cultural da vila tanto para os veciños e veciñas como para os turistas que se acheguen a coñecer a nosa historia.

Nos seus tres anos de vida, o Museo de Verín organizou máis de 200 actividades académicas, divulgativas e pedagóxicas enfocadas a traballar na dirección que deu orixe a esta institución: dar a coñecer a historia da súa comarca e crear entre os seus veciños un sentimento de identidade. Localízase nun emblemático edificio verinense, situado na Praza da Merced, de estilo Barroco do século XVIII e construído en parte con pedras procedentes da fortaleza de Monterrei, As súas exposicións permítennos mergullarnos na pel dos contrabandistas da raia con Portugal, aló polo tempo da ditadura, ou incluso visitar unha lareira tradicional e lembrar (ou descubrir) como era a vida ao redor destas habitacións tan significativas nas casas galegas. Pero sobre todo, grazas ao fío condutor do viño, podemos descubrir a forte tradición vitivinícola que marca a historia pasada e presente de Monterrei.

Dende o Museo piden responsabilidade aos visitantes e atención ás indicacións do persoal á vez que animan a acudir ás instalacións sen medo e con total seguridade. O horario de visitas, como ven sendo habitual, é de mércores a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e domingos de 11.00 a 14.00 horas. Para calquera consulta, os usuarios poden contactar co museo a través da súa páxina de Facebook, do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   ou ben chamando ao teléfono 617963905



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>