Arrincan as obras de acondicionamento da Avenida Luis Espada |
|
|
|
Xoves, 27 Maio 2021 11:57 |
O Concello de Verín avanza co seu Plan de humanizacíón, destinado a modernizar a trama urbana da cidade e mellorar as súas infraestruturas. Onte comezaban as obras de acondicionamento da Avenida Luís Espada, nas que se contemplan as seguintes accións:
Dotación de novas árbores.
Ancheamento das beirarrúas.
Soterramento do cableado eléctrico.
Novos aparcamentos.
|