Dous milleiros de árbores para Verín |
|
|
|
Martes, 20 Abril 2021 15:14 |
Coa chegada da primavera, brotan as follas dos máis de 2000 árbores plantadas polo Concello de Verín dentro do seu Plan de Humanización, que comezaba no ano 2015 e continúa a día de hoxe con diversas actuacións en activo tales como a creación do “gran pulmón verde” situado en Fontenova, a optimización do sistema de saneamento da vila ou as constantes labores de mellora da vexetación de ribeira do Río Támega.
A incorporación de árbores nas zonas verdes e nas rúas das cidades é fundamental para manter unha calidade do aire adecuada e mellorar o benestar dos seus habitantes.
Aquí compartimos convosco sete formas nas que as árbores e zonas verdes urbanas contribúen a facer que as cidades sexan socioeconómica e ambientalmente máis sostibles:
- As árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas como o po, a sucidade ou o fume do aire atrapándoos nas follas e a cortiza.
- Unha árbore madura pode chegar a absorber ata 150 kg de gases contaminantes por ano, polo que xogan un papel importante na mitigación do cambio climático.
- A localización estratéxica das árbores nas zonas urbanas pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos centígrados. Podendo reducir nun edificio a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento, e reducir as facturas de calefacción de inverno nun 20-50 por cento.
- As investigacións científicas demostran que vivir preto de espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo, ao diminuír a presión arterial alta e a tensión.
- As árbores maduras regulan o fluxo de auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e a redución do risco de desastres naturais. Unha árbore de folla perenne maduro, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga por ano.
- A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor da propiedade ata nun 20 por cento, e atraer o turismo e os negocios.
- As árbores desempeñan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando plantas e animais cun hábitat, alimentos e protección favorables.
|