Club de Lectura |
Luns, 19 Outubro 2009 19:23 |
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en funcionamento o Club de Lectura, dentro do programa de apertura de centros educativos fóra de horario lectivo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e en colaboración coa Fundación de Caja Rural. Este proxecto, adicado ao fomento da lectura, busca converterse nun estímulo para a interacción e participación entre os/as lectores que acoden á instalación municipal; que compartirán en xuntanzas, varias veces ao mes, as vivencias obtidas tras a lectura do mesmo libro. A primeira obra seleccionada para iniciar esta actividade é “¿Que me queres, amor?” de Manuel Rivas, -Premio Nacional de narrativa 1996 e Premio Torrente Ballester 1995, adaptado na película “A lingua das Bolboretas”-. O prazo de inscrición para participar neste Club de Lectura é do 19 ao 31 de outubro, e está destinado a un máximo de 10 usuarios/as socios/as da Biblioteca Pública Municipal de Verín e maiores de idade. |