Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno de Verín aproba definitivamente o orzamento xeral para o exercicio 2021
O pleno de Verín aproba definitivamente o orzamento xeral para o exercicio 2021 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Marzo 2021 15:17

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DE DATA 18/02/2021.

2. Expediente 3751/2020. Elaboración e Aprobación do Orzamento a RESOLUCIÓN SOBRE RECLAMACIONS Á APROBACIÓN INICIAL E APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2021.

3. Expediente 85/2021. RESOLUCIÓN CONVENIO COOPERACIÓN COA CONSELLARÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO LOCAL DA PRAZA DE ABASTOS.

4. Expediente 723/2021. CESIÓN TRAMOS URBANOS ESTRADAS OU-113 e OU-310.

5. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA.

6. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 12/02/2021 ATÉ O 04/03/2021, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS.

7. ROGOS E PREGUNTAS


Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a resolución sobre reclamacións á aprobación inicial e aprobación definitiva orzamento 2021, quedando aprobados, por 11 votos a favor  (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, os seguintes acordos:


  • Admitir a trámite todas as reclamacións presentadas polos membros do grupo político municipal do Partido Popular e que segundo no informe de intervención se propón a súa admisión a trámite.
  • Dentro das reclamación  admitidas a trámite do Partido Popular, se estiman as seguintes, pero sen que condicionen a aprobación definitiva do orzamento do ano 2021, senón que se consideran accións prioritarias para este equipo de goberno, que se intentarán levar a cabo o antes posible:

-Alegación presentada sobre la necesidade de elaborar y aprobar un Plan de Tesoureira, que permita el cumprimento del período medio de pago a provedores.

-Alegación presentada en relación con la RELACIÓN DE PUESTOS DE TRABAJO.

-Alegación presentada en relación con los límites que no se pueden superar por el conjunto de las retribuciones complementarios de los funcionarios municipales.

 

  • Das reclamación admitidas a trámite do Grupo do Partido Popular, se destiman as seguintes, de conformidade co informe da intervención:

 

-Alegación del Grupo Popular de que la empresa concesionaria no está abonando el canon al que se comprometía en la oferta presentada, por la cual le fue adjudicada esta concesión.

-Alegación del Grupo Popular de que muchas partidas de ingresos se estimaron excesivamente al alta.

-Alegación presentada sobre que los créditos que reflejan muchas de las partidas del año 2021 no va a ser suficientes para afrontar los gastos que normalmente tiene este Concello, en base a un estudio preliminar de las facturas que entraron en el Concello en el año 2.020, y en base a las facturas reconocidas extrajudicialmente en ejercicios anteriores.

-Alegación presentada en relación con falta de partida para albergar los gastos sobre un contrato de alquiler de un inmueble sito en Plaza de la Merced y para el alquiler de piezas para el Museo de la Merced.

-Alegación presentada porque los créditos de las partidas de gastos no van a ser suficientes, porque el gasto como se hizo hasta ahora dende que lleva gobernando PSOE +BNG, se realizó de una forma arbitraria sin tener en cuenta los créditos iniciales


  • A seguinte reclamación admitida a trámite, do Grupo do Partido Popular, e que a intervención di que se debe de pronunciar expresamente o grupo de goberno:

-Alegaciones presentadas sobre la dotación de créditos para gastos de inversión.

 

  • Desestimase, xa que no Anexo de Inversións do orzamento do ano 2.021, confeccionado con motivo da aprobación inicial do orzamento, detállanse todas as obras de inversión que o equipo de goberno ten previsto facer no ano 2.021. No caso de que ó longo do ano resultase necesario ou se quixera facer algunha outra obra de inversión non inicialmente prevista, para poder facela tería que aprobarse un expediente de modificación de crédito, cas formalidades legais vixentes.

 

  • Estímase parcialmente, en virtude do informe de intervención, admitir a tramite a alegación presentada polo Partido Popular referente á no consignación presupuestaria suficiente en partida para Estudios y Proyectos Técnicos, partida de gastos jurídicos y partidas 213 y 214, polo que se acorda crear a partida destinada a reparacións, mantemento e conservación de Elementos de Transporte e Camións para a recollida de residuos por un importe total  de 25.000,00 Euros.

 Créase esta partida de gastos, e diminúese no mesmo importe, o importe que figuraba na partida do Fondo de Contixencia, que pasará de 97.298,90 euros a 72.298,90 Euros, quedando por tanto o mesmo importe total en gastos, que o orzamento inicialmente aprobado.

 

  • Non se admiten a trámite, as seguintes alegacións do Grupo do Partido Popular, en base ó informe emitido pola intervención:

-Alegación presentada en relación con el PERSONAL.

-Alegación presentada sobre que los gastos que se realizan a lo largo del año no se corresponde de forma estrita con lo créditos consignados, acometendo nuevas inversiones y fraccionando los importes para convertirlos en obras menores.

  • Admitir a trámite e desestimar a reclamacións presentada polas organizacións sindicais CIG e CSIF referentes a inexistencia de proceso real de negociación xa que unha vez Analizadas as condicións que, segundo o informe da Intervención, deben producirse para considerar a existencia dun proceso de negociación real e efectivo, estimase, por parte do Goberno Municipal, que o procedemento desenvolveuse coa corrección necesaria, apuntando solucións de todo tipo por ambas partes, e que non foi posible o acordo sobre certas cuestións, ao longo das sesións desenvolvidas na Mesa Xeral de Negociación. 
  • Por último, acordouse aprobar definitivamente a plantilla de persoal funcionario e laboral deste concello prevista para o ano 2021; así como o Orzamento Xeral municipal para o exercicio  de  2021, que ascende á cantidade total, en canto aos seus ingresos e aos seus gastos, de  11.816.084,48 euros, presentando, polo tanto, unha situación de equilibrio orzamentario.

 

Resumo por capítulos:


Durante a sesión plenaria aprobouse tamén, por 11 votos a favor  (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, a resolución do convenio cooperación coa consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para a realización das obras de acondicionamento do local da praza de abastos derivadas da necesidade do uso de devanditas instalacións para fins de interese e competencia municipal.

Segundo explicou o alcalde, Gerardo Seoane, o Concello de Verín ofreceu á Xunta de Galicia o cambio do local no ano 2015 e propúxolle un lugar alternativo na zona da Alameda. Debido a inacción da administración autonómica o Concello decidiu anular devandito convenio e dar á administración autonómica un prazo de alegacións.

O alcalde explicou que, neste momento, o Concello de Verín ten a necesidade de utilizar estas instalacións municipais para fins culturais, en concreto, dedicará o espazo que quede libre o que será o novo Museo Comarcal, que na actualidade está ubicado no claustro Mercedario. «O prazo que se lle dá a administración para reubicar as súas oficinas é debido a que o Concello ten que abandonar a actual ubicación do Museo de Verín, que se encontra no claustro dos Mercedario. Queremos deixar claro que o grupo de goberno facilitará toda a colaboración que se precise e axudará á Xunta na busca de local, non tendo por que  saír estas oficinas do casco vello xa que hai un local que poden utilizar», finalizou Seoane.

Por outra banda, o pleno someteu a votación solicitar o inicio do procedemento previsto no artigo 9 da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia, para a cesión dos tramos tramos urbanos das estradas OU-113 e OU-310, quedando aprobado o mesmo por 11 votos a favor  (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.

Cabe destacar tamén que o Partido Popular presentou unha moción urxente ante o pleno municipal.  Procedeuse á votación  da urxencia do asunto e, por 12 votos en contra  (7 PSdeG- PSOE e 5 BNG) e 4 votos a favor (PP),  non se aprobou a urxencia da mesma e polo tanto non se incorporou á Orde do Día da sesión.

No apartado de rogos e preguntas interveu o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, para contestar as preguntas formuladas pola Partido Popular nos plenos do 30 de decembro de 2020 e do 18 de febreiro do 2021.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>