Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas As rúas e as redes sociais de Verín énchense de códigos QR estampados en carteis de cor morada como parte da campaña “#ElasFAN”
As rúas e as redes sociais de Verín énchense de códigos QR estampados en carteis de cor morada como parte da campaña “#ElasFAN” PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 06 Marzo 2021 17:23

 Dende hoxe, sábado 6 de marzo, as rúas e as redes sociais de Verín énchense de códigos QR estampados en carteis de cor morada como parte da campaña “#ElasFAN”, unha proposta coa que se procura dar visibilidade ás mulleres da comarca de Verín que “fan cousas” no ámbito cultural. Trátase dunha actividade deseñada por Farlopa.Fanzine coa colaboración do Concello de Verín e da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER).


Durante estes días, por mor da celebración do 8M, as instalacións do Concello de Verín e os locais pertencentes a AEVER convértense en escaparates para a difusión da obra dun total de 28 artistas da comarca. A campaña “#ElasFAN ” aproveita o actual auxe dos códigos QR por mor da pandemia para empregalos como ferramenta para reivindicación da figura fundamental de cada unha das mulleres da comarca que “fan cousas” no ámbito cultural. Nos carteis mostrase unha pequena frase que xoga co hastag de “#ElasFAN” relacionándoo coa obra da artista que se esconde detrás do QR. Para descubrir de quen se trata, deberemos escanear o debuxo cos nosos móbiles. Con esta campaña na rúa, os promotores pretenden chegar a unha maior parte da veciñanza e involucrar así a máis axentes na iniciativa.

Ademais, dende Farlopa.Fanzine impulsarase unha campaña en redes sociais co fin de difundir as obras das artistas de Verín. Faise un chamamento á participación seguindo e compartindo a obra das artistas mediante o hastag #ElasFAN , un xogo de palabras entre “facer cousas ” (termo que fai referencia á creación cultural) e o feito de “ser FAN das artistas ”.

“A cultura debe servir tamén como motor para o cambio social. Dar a coñecer o traballo destas artistas é a nosa maneira de facelo ver. A cultura debe estar comprometida coa sociedade e propiciar a creación de comunidades. Debe partir da perspectiva de xénero, dende logo, escapando sempre de calquera tipo de discriminación e procurando contribuír a crear un futuro sostible, no máis amplo dos seus termos ”. Comentan Alejandro Ni eves Rodrigues e Sabela Domínguez Souto, promotores de Farlopa.Fanzine. “É agradable comprobar que, tanto o Concello de Verín como AEVER, comparten connosco estas motivacións e facilitan que este tipo de iniciativas se leven a cabo”.

As artistas participantes foron escollidas de entre as anotadas no Directorio Cultural de Verín que Farlopa.Fanzine puña en marcha o pasado mes de xaneiro e no que xa se inscribiron cerca dun centenar de artistas, traballadoras e axentes culturais locais. O proxecto promete ter continuidade con futuras iniciativas que vaian dando publicidade ás persoas inscritas e que contribúan, dalgún xeito, a continuar creando comunidade cultural na comarca de Verín.


 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>