Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Modificación das canles de TDT en A Gudiña e Monterrei
Modificación das canles de TDT en A Gudiña e Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Outubro 2009 10:53

A Secretaría Xeral de Telecomunicacións e para a Sociedade de Información, pertencente ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, modificou a asignación inicial das canles radioeléctricas  previstas para a difusión dos múltiples estatais 67 e 69 de Televisión Dixital Terrestre (TDT) nos Centros de A Gudiña e Monterrei (Ourense).  Por tal motivo, o operador público Retegal axustará, na xornada de hoxe, os equipos dos centros referidos conforme á nova planificación, sendo as novas canles de emisión a 35 e 38 respectivamente.

No caso de Monterrei ao ser un Centro cuxo sinal primario depende do Centro Emisor de Castrelo do Val, producirase un corte de servizo nas referidas canles dende a madrugada ata mediodía do día de hoxe, 14 de outubro.

No caso de instalacións de recepción con amplificadores de banda ancha para recibir as novas canles será suficiente con re-sintonizar os receptores; en caso de instalacións colectivas con amplificadores sintonizados, será preciso verificar que estes son compatibles cas novas canles de emisión.  Para máis información poden poñerse en contacto coa Oficina Técnica da TDT de Galicia, no teléfono: 981-572154

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>