Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo |
Luns, 28 Setembro 2009 12:05 |
O Concello de Verín pon en funcionamento, a partir de 5 de outubro e en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, un programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo, a través das seguintes modalidades: - Érguete, destinado á apertura das instalacións escolares fóra do horario escolar, polas mañás (unha hora antes de que se inicien as clases), co fin de conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores. Os centros que participan son CEIP Princesa de España, CEP Amaro Refoxo e Educación Infantil Amaro Refoxo. |