Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Doce verinenses reciben subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco histórico
Doce verinenses reciben subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco histórico PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Setembro 2009 15:33

Un total de doce veciños/as de Verín recibiron, esta semana, as súas respectivas subvencións outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e destinadas á rehabilitación de vivendas no casco antigo e barrio de San Lázaro de Verín.

Estas axudas, froito do convenio de colaboración entre a Conselleria de Vivenda e Solo e o Concello de Verín para a tramitación de expedientes de rehabilitación e financiamento de gastos dos portelos únicos de vivenda, foron destinadas á restauración de pequenas rehabilitacións -como son arranxo de fachadas, carpintería (portas e fiestras), tellados e recuperación de interiores- ou actuacións integrais -con recuperación de interiores e posta en valor da edificación completa-; e as súas cifras oscilan entre os 4.100 e 30.000 euros, segundo a entidade da reforma realizada -alcanzando unha cifra total, da suma das doce subvencións, de 198.973,08 euros-. O cobro das mesmas tivo lugar tras a tramitación do expediente e execución das obras, e que “tradúcense nun proceso no que se implican desde os propietarios da vivendas ata os membros da oficina, sen esquecer aos construtores”, recoñece Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín.

Neste momento, ademais destas doce obras finalizadas, no casco histórico de Verín atopamos catro edificacións a punto de concluír, unha finalizada á espera do cobro da súa subvención correspondente, seis en fase intermedia, dúas a punto de comezar a súa restauración e catro na fase de proxecto. Ademais, desde a Oficina de Rehabilitación recórdase que os/as veciños/as interesados/as en restaurar as súas vivendas poden acollerse a este programa subvencionado pola Xunta e o Goberno Central.

A Oficina de Rehabilitación do casco antigo de Verín, situada na antiga praza de abastos, entrou en funcionamento en outubro do 2006, e nela atópanse un arquitecto, un aparellador e un auxiliar administrativo. A súa tarefa consiste en ofrecer tanto asesoramento técnico como a xestión de axudas para actuar na área de rehabilitación do casco antigo e o barrio de San Lázaro.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>