InfantArt 2009 |
Xoves, 17 Setembro 2009 10:57 |
Do 17 ao 23 de setembro a Casa do Escudo de Verín acollerá InfantArt 2009, unha mostra dos traballos realizados no curso 2008-2009 nas aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín. Liña, cor e volume son os conceptos artísticos que se imparten nestas actividades formativas e ocupacionais, co fin de estimular a creatividade plástica e divulgar o patrimonio pictórico, escultórico e a arte contemporánea entre os máis pequenos. No curso 2008-2009 participaron nesta iniciativa un total 130 alumnos, con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos. Estas aulas, de dúas horas semanais en días alternos, son ofertadas polo Concello de Verín durante os meses de setembro a xuño. Esta exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas. |