Xoves, 20 Agosto 2009 11:30 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:
- Subvención para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega). Esta orde ten por obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2009, das axudas e subvencións establecidas polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres, a través das seguintes áreas de actuación:
-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres.
-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres.
As beneficiarias destas axudas poderán ser:
-Mulleres inactivas ou desempregadas que se establezan como traballadoras autónomas ou sociedades unipersonais ou que constitúan pequenas empresas baixo calquera forma societaria. Ademais, o inicio da actividade empresarial debe ter lugar entre o 1 de marzo de 2008 e a data de finalización de solicitudes e hai que realizar un investimento mínimo de 3.000 euros.
- Empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os seguintes requisitos: acreditación das condicións sobre o capital social e a administración da empresa, actividade empresarial ininterromida entre 2 e 5 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que non recibisen con anterioridade axudas dos programas Emega, realización dun investimento mínimo de 3.000 euros, presentación dun proxecto de mellora empresarial que supoña a integración na empresa dunha muller; e que se materialice o proxecto a través de: tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa existentes, aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución, diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade e reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 14 de setembro de 2009.
Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.
|