Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Douscentos mozos/as participan na campaña do ‘Condutor Alternativo’
Douscentos mozos/as participan na campaña do ‘Condutor Alternativo’ PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Agosto 2009 11:53

Un total de douscentos mozos e mozas do municipio de Verín participaron, na xornada do sábado, na campaña ‘Condutor Alternativo’, posta en marcha polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado e de Mobilidade; e que ten como fin a sensibilización da mocidade baixo a máxima “un 0% de alcohol ao volante e a aposta polo condutor alternativo”.

Ata a localidade desprazáronse catro monitores para distribuír información, camisetas e material publicitario co obxectivo de intentar reducir os accidentes de tráfico; xa que como revela o último informe do “Documento Marco sobre Siniestralidade na Rede de Estradas de Galicia”, o 26% das alcoholemias positivas entre as vítimas mortais danse en mozos/as de entre 18 e 30 anos.

Esta iniciativa, coa que colabora o Concello de Verín e as asociacións Mocidade Galega e As de Folk, desenvolveuse entre as 23.30 e 02.30 horas en zonas de Verín como as rúas Montemaior, Irmáns Moreno, Luís Espada e as prazas da Alameda e Carboeiro.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>