Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O arpista compostelá Manuel Vilas presenta en Verín a segunda entrega da súa recuperación do Manuscrito Guerra
O arpista compostelá Manuel Vilas presenta en Verín a segunda entrega da súa recuperación do Manuscrito Guerra PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2009 11:08
A igrexa dos Padres Mercedarios acollerá mañá 3 de xullo, a partir das 20.30 horas, o primeiro dos concertos do Vía Stellae en Verín, no que o tenor Juan Sancho e o grupo Ars Atlántica que dirixe o arpista compostelán Manuel Vilas presentan a segunda entrega da recuperación que Manuel Vilas está a facer do Manuscrito Guerra: colección de tonos humanos que se conserva na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago e que a prestixiosa multinacional Naxos comezará a publicar proximamente en colaboración co Via Stellae.

O singular documento chamado “Manuscrito Guerra” consiste nunha colección de tonos humanos da segunda metade do século XVII. A súa importancia radica sobre todo en que é unha fonte de gran valor para o coñecemento da música vocal profana para solista do barroco español. É unha antoloxía de cen tonos humanos, todos escritos para unha voz solista, excepto dous que precisan dous cantantes. Aínda que non ten ningunha indicación de autor e tampouco aparece ningunha data, a metade atópanse tamén noutras fontes, o que permite identificar algúns dos compositores, entre os que os máis representados na antoloxía compostelá son Juan Hidalgo (arpista da Capela Real e principal pioneiro da música teatral do Barroco español) e José Marín (guitarrista, tenor e compositor ademais de sacerdote, o que non lle impediu ser acusado de asalto, roubo e asasinato polo que foi encarcerado e condenado ao desterro e a galeras). Moitas das obras son anónimas. O nome do manuscrito é debido a que na portada figura o nome de José Miguel Guerra, o que foi copista do mesmo.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>