Campaña de recollida de alimentos para o Banco Municipal de Roupa |
Venres, 26 Xuño 2009 11:57 |
O Banco Municipal de Roupa inicia, na próxima semana, unha campaña de recollida de alimentos, destinado a prover dunha axuda inmediata ás persoas en situación de urxencia social en Verín.
Devandita campaña desenvolverase ao longo de catro semanas nos supermercados Eroski, Gadis, Froiz e Día, nos que se colocarán un colector onde os interesados poden deixar produtos non perecedoiros, que serán repartidos entre os máis necesitados, previo informe do departamento de Servizos Sociais -área á que pertence o Banco Municipal de Roupa-. Na primeira semana, esta proxecto terá lugar no grupo Eroski, a segunda en Gadis, a terceria no supermercado Froiz; e a última, en Día. |