Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno extraordinario
Pleno extraordinario PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Maio 2009 11:06
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. - Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión ordinaria de data 27.4.2009  (Acta nº 4/2009).
2.  - Dar conta da renuncia como concelleira de Mª Carmen Pardo López.
3. – Sorteo membros mesas electorais Eleccións ao Parlamento Europeo 2009.


Tras aprobar o primeiro punto por unanimidade, o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán deu conta da renuncia de María del Carmen Pardo López como concelleira do grupo popular, debido á incompatibilidade co seu cargo no executivo galego, como Secretaria Xeral para o Turismo. Todos os portavoces dos grupos políticos agradeceron a súa labor durante estes dous anos destacando “a súa valía persoal e política”, segundo sinalou Juan Carlos Francisco Rivera, portavoz do PSdeG-PSOE, e amosaron a súa satisfacción por este nomeamento. Ademais, efectuouse o sorteo dos membros das mesas electorais ás eleccións ao Parlamento Europeo do próximo 7 de xuño.

Con posterioridade, desenvolveuse outra sesión plenaria extraordinaria urxente, aprobada por unanimidade tanto na súa ratificación de urxencia como na votación posterior, para renovar o convenio de colaboración do Concello de Verín co Verín Club de Fútbol e a aportación da correspondente axuda económica, por importe de 36.000 euros, para os gastos de devandito equipo.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>