Exposición ‘FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’ |
|
|
|
Venres, 06 Marzo 2009 13:19 |
A concelleira de Benestar Social do Concello de Verín, María Luisa Valladares Rodríguez, e responsable da mostra, Lorena Fernández Bouza, presentaron esta mediodía a exposición ‘FotogrÁFRICA, vidas ó redor da sida’ que permanecerá no Centro de Interpretación Museística ata o 27 de marzo. Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas, Médicos do Mundo creou unha mostra colectiva que busca achegar ao público ás vivenzas, os soños e as esperanzas de persoas africanas afectadas polo VIH/sida. Mulleres de Namibia, persoas seropositivas de Senegal, persoal sanitario de Mozambique e mozos de Angola foron retratados polos mestres Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rosina Ynzenga.
Esta exposición, financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e o concello de Lugo, xa percorreu nos últimos meses Madrid, Barcelona, Málaga, Sevilla, Bilbao, Melide, O Carballiño, Baiona ou Vilalba, entre outros lugares.
|