2ª Xornada de Deporte e Saúde |
Venres, 23 Xaneiro 2009 10:59 | |||||||||||||||||||||
O Concello de Verín, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, organiza a 2ª Xornada de Deporte e Saúde conformada polas seguintes actuacións: - Actividades de saúde e deporte con asociacións do municipio: Desenvolveranse nas seguintes asociacións rurais:
- Acto de clausura, o 31 de xaneiro, a partir das 16.30 horas no Pavillón de Deportes de Verín, onde se contará coa presenza de Piti Pinsach Ametller, poñente en convencións internacionais e autor de varios libros como Curso de Preparador Físico y Fitness. Metodología del Entrenador Personal o Manual del Entrenador Personal. Del Fitness al Wellness. Esta xornada de clausura estrutúrase nos seguintes apartados: • Charla teórico-práctica ‘Osteoporose e ejercicio físico’, impartida por Piti Pinsach, ás 16.30 horas. Ten como obxectivo descubrir os efectos sobre a densidade mineral ósea dos diferentes métodos e sistemas de adestramento, e alentar a participar nos programas de exercicio físico para a prevención e a terapia da osteoporose. • Clase práctica de reggaetón, ás 17.15 horas, impartida por Marga Ansias e Julia Martínez. • Charla teórico-práctica ‘Obradoiro corpo e mente’, impartida por Piti Pinsach, ás 17.30 horas. Mostraranse os métodos e técnicas de exercicios simples que se poden realizar en casa, ao aire libre ou en gimnasio e que proporcionan unha corrección postural, mellor flexibilidade, aumento da capacidade respiratoria, solucionar a tensión, incrementar a autoestima ou mellorar a concentración. O contido divídese en: pilates fit-ball e percepción do ton muscular e recrutamento tónico. • Clase práctica de bailes de salon, ás 18.15 horas, impartida por Marga Ansias e Víctor López.
|