Realización de obradoiros e seminarios |
![]() |
![]() |
![]() |
Venres, 28 Novembro 2008 14:04 |
Durante o mes de decembro, a localidade de Verín acollerá a realización dos obradoiros 'Atrévete a innovar' e 'Seminarios de Mellora Empresarial para o comercio en activo e as Micropemes'. - 'Atrévete a innovar', organizado por Proxectos Consultoría e Formación, en colaboración co Concello de Verín. Neste seminario gratuíto, que terá lugar o 16 de decembro, a partir das 16 horas na Casa da Cultura, abordarase o reto da innovación dende un enfoque práctico, e se lles presentará ás empresas conceptos e ferramentas útiles que lles permitan afrontar o proceso de cambio cara a unha cultura empresarial aberta á creatividade e á innovación. A convocatoria está dirixida ao personal directivo ou técnico das empresas, así como a outros axentes socioeconómicos do territorio, e consta de dos módulos: innovación como ferramenta de competitividade empresarial e visión práctica da innovación na empresa. - 'Seminarios de Mellora Empresarial para o comercio en activo e as Micropemes'. Organizado por IGAPE e BIC Galicia, en colaboración con AEVER e o Concello de Verín, está destinado a empresarios, profesionais independientes, autónomos e técnicos responsables que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes de xestión empresarial. Os seminarios propostos son: * Nova lei de horarios comerciais (1,5 horas). * Arbiraxe e follas de reclamación (1,5 horas). * Rebaixas, ventas especiais, promocións e liquidación (4 horas). * Contabilidade e finanzas para non financieiros: Xestión financieira práctica (4 horas). * Como mejorar as ventas do meu negocio a través da páxina web (4 horas). * As obligacións do empresario autónomo e do pequeño comercio (8 horas). Todos eles, gratuítos, constan de 15 a 20 prazas e impartiranse no novo local de AEVER (R/ Pedro González Prada, nº 5). Para máis información e inscrición deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada na 1ª planta do Concello de Verín. |